Son máis dunha ducia espalladas polas cidades galegas. Desde hai anos, as librarÃas especializadas en banda deseñada mantéñense coma auténticos baluartes da difusión da novena arte en Galicia. A lidar coas crises do mercado e cos problemas intrÃnsecos do sector, estes establecementos semellan estar na actualidade nunha fase de expansión.
Indo por partes, debemos aclarar, para quen non o saiba, que unha librarÃa especializada en BD é, como se pode imaxinar, un establecemento no que a maior parte dos seus fondos están compostos por obras deste tipo. A maiores, é moi habitual atopar tamén no negocio xogos de taboleiro, rol ou cartas, libros de ciencia ficción e literatura fantástica e unha mostra mais ou menos ampla de obxectos de mercadotecnia relacionados con filmes, series de animación ou os propios cómics. AÃnda que pouco coñecidas para o grande público, este tipo de tendas mantéñense con máis ou menos éxito en moitas das cidades galegas, e mesmo viven unha certa fase de expansión. Nese sentido, quizais o caso máis claro sexa Santiago de Compostela. Nos últimos cinco anos a cidade pasou de ter unha librarÃa especializada en BD a ver como abrÃan outros catro establecementos, dos que só tres sobreviven. No mesmo perÃodo, a Coruña ou Vigo viron tamén como desembarcaban novas tendas deste tipo, que se van mantendo ou mesmo amplÃan a súa área de negocio. E é que, malia ás constantes queixas dos editores pola falta de público para o cómic, semella que hai un espazo para que os libreiros vivan deste negocio. Dentro duns lÃmites, claro.
Bo momento
Desde a experiencia que lle dá ter sido, hai xa vinte anos, pioneiro do sector ao abrir a librarÃa Kómic na capital galega, PÃo Barreiro recoñece que, ata certo punto, é un bo momento para o negocio. “Por unha banda hai moitÃsima máis xente, e semella que existen expectativas para ser optimistas. Pero ao tempo, debemos pensar que acontece coma nas librarÃas xeneralistas, que se continúa a vender moi pouco”, apunta. A maiores, os libreiros coinciden en que a clientela está a se ampliar nos últimos anos. “Antes era un sector moito máis reducido. Agora entran moitas rapazas, sobre todo interesadas polo manga, e xente de todas as idades”, lembra. Desde a súa experiencia dun lustro Melo, responsable da viguesa Banda Deseñada, incide en que “o noso cliente é bastante concreto. Adoita ser xente que ten máis de 24 anos e que fai unha compra grande unha ou dúas veces ao mes. Despois tamén hai xente nova”, explica, coincidindo en que, en xeral, é bo momento para o negocio “ a nosa situación é moi boa, cada ano é mellor que o anterior e vén máis xente”.
O mapa
A facer unha análise do mapa galego destas librarÃas, Barreiro ten claro que existen lÃmites á aparición de novos negocios deste tipo en Galicia. “No penso que o mercado estea saturado, pero cómpre que, para sobrevivir, unha librarÃa teña un mÃnimo de clientes potenciais. Houbo intentos en vilas duns 20.000 habitantes e non conseguiron asentarse”, lembra. “Tamén cómpre que haxa un bo profesional a levar o negocio. Non son economista, pero penso que hai zonas que aÃnda darán para algo máis e zonas que non”, conclúe.
Espazo reservado
Semella que a imaxe dun certo illamento que tiñan estes establecementos comeza a rachar e xa non compre ser un coñecedor do xénero para entrar e orientarse neles. En xeral, os libreiros recoñecen desenvolver un intenso labor de información e asesoramento. “Hai un certo sector que sabe o que quere, pero outro moi amplo pode levar, canda a cousas que lles gustan, recomendacións miñas. Para iso hai que coñecer a xente e ir sondando o que lle pode ir a cada un”, apunta Melo. Desde a coruñesa Alita Cómics, Juan Carlos Sanmiguel recoñece que “moitas veces veñen pais ou outra xente buscar encargas e poden preguntar por outras cousas. Tamén chega xente de rebote, no noso caso porque contamos cun establecemento céntrico. Logo está a se notar moito Internet, moita xente coñece un autor, infórmase e logo xa veñen buscando cousas concretas”. Barreiro, pola súa banda, recoñece que “Actuar coma guÃa é un labor fundamental, porque chega xente que non coñece o mundo e hai que conseguir que non se sinta un bicho raro e atope algo que lle atraia. Despois tamén aparece moita xente que quere facer un agasallo, e hai que actuar un pouco de psicólogo”.
A vocación
En xeral, todos os libreiros consultados recoñecen que este non é negocio para se facer rico, e que en grande medida existe un factor vocacional na decisión de se dedicar a el. Desde Vigo, Melo advirte que “o que se meta nunha librarÃa para se facer rico non vai por bo camiño. Podes aspirar a que che dea un soldo e vivir de algo que che gusta”, completa. Precisamente este factor de militancia explica en boa medida o feito de que estes establecementos desenvolvan a miúdo diferentes actividades promocionais. A mostra máis recente, e unha das máis destacadas, foron os actos cos que Kómic celebrou en Compostela os seus vinte anos de vida. Unha exposición, conferencias e mesmo un concerto reuniron un bo feixe de afeccionados. “En boa medida son iniciativas privadas as que fan por mover o libro e o cómic entre o público”, explica Barreiro desde Compostela. “Son exposicións, presentacións ou xogos que non fan as editoriais, que nin sequera se preocupan moito por ter publicidade”. De xeito semellante, en Banda Deseñada recoñecen que “tentamos facer presentacións e sesións de sinaturas dentro das nosas posibilidades. Sabes que para que un destes eventos funcione economicamente hai que vender como mÃnimo cen exemplares da obra, pero pensamos que é tamén un xeito de publicidade e que podes conseguir que veña xente nova”, recoñece Melo. Tamén en Alita se preocupan por facer actividades deste tipo, e anuncian a vindeira celebración dunha festa de disfraces cosplay e mais do seu quinto aniversario.
O mercado e a mercadotecnia
A seguir coa cuestión económica, Barreiro lembra que o das librarÃas é en xeral un negocio que tarda moitos anos en aboiar. “As marxes de beneficio son moi pequenas. AÃnda que comeces e vendas ben, gañas moi pouco ata que logras asentar unha clientela”, explica. De xeito máis especÃfico, na actualidade a edición estatal de banda deseñada está a lanzar cada mes un ritmo inédito de novidades, o que fai que os libreiros teñan que axustar moito os seus pedidos para evitar perder cartos. “As editoras entraron nunha batalla tola por ver quen edita máis, e é un problema situar todas as novidades e saber qué vas vender antes de facer as devolucións do mes”. A escaseza desa marxe de negocio é o que leva tamén á diversificación do material e á presenza constante de xogos e de merchandising coma elementos que permiten complementar ingresos. “A posibilidade de vender outras cousas achega un maior respiro”, recoñece Barreiro. Melo, pola súa banda, sentencia, “o 70% do que vendemos é BD, e iso é o que nos paga as facturas e nos mantén. O demais é o que nos permite gañar algo de diñeiro”, completa. Con esta mercadorÃa, as librarÃas aprovéitanse tamén do eco que acadan determinados filmes e videoxogos. “Hai xente que nunca merca unha BD e que entra na tenda movida por este tipo de produtos”, lembra Barreiro.
As outras tendas
É sabido que, para alén destes espazos, a BD conta con canles de distribución alternativas mediante as librarÃas convencionais e os quioscos. En xeral, os profesionais das especializadas consideran que os distintos espazos se complementan. “Por unha banda, ter BD nas tendas máis xeneralistas está ben, pero non sei ata que punto eles poden mirar de vender como o facemos nós. Coñecemos os autores, tamén lle damos cariño aos fanzines e montamos presentacións”, lembra Sanmiguel desde Alita. “Hai obras puntuais que son supervendas e que as librarÃas convencionais se poden apuntar a vender, pero se alguén lle interesa algo máis, virá ás especializadas”. Pola súa banda, Melo explica que no caso dos quioscos “cada un ten a súa función, e non son incompatibles. As series en fascÃculo que eu podo perder de vender porque están no quiosco, gáñoo logo na venda de tomos que eles non teñen. O produto de quiosco é efémero, e pode axudar tamén a que a xente se interese por buscar outras cousas”.
A evolución
De cara ao futuro, Barreiro pensa que determinados apoios poden axudar a desenvolver estes establecementos e mellorar a presenza do cómic na nosa cultura. “Ata o de agora non se deu un apoio por parte de institucións. Nos últimos dous anos si que se comeza a ver na forma de adquisicións de material por parte de bibliotecas, colexios ou institutos, sobre todo nas datas finais do ano. De se consolidar esta tendencia, pode axudar moito no futuro que comece a haber cómic nas bibliotecas e mais nos centros escolares. Polo momento non son moitos, e moitas veces recoñecen que non saben moito do xénero, pero vaise notando”. Malia á aparente boa evolución do sector, os libreiros consultados non desbotan, en xeral, a necesidade de que algúns destes negocios deban afrontar unha certa reorientación da súa actividade. Desde Alita téñeno claro. “Ten que haber un axuste, poida que cada unha vaia atopando o seu nicho e que a xente vaia mirando de centrarse máis nun produto ou nunha clientela máis especÃfica”, lembra Sanmiguel. “Tal como está o mercado agora mesmo, non penso que teñan que pechar. Algunhas abrirán e outras terán que pechar de novo, pero tampouco penso que saian moitas máis”, vaticina Barreiro.
Estamos a elaborar a lista completa das librarÃas especializadas de Galicia. Se che falta algunha no noso listado de librarÃas especializadas en banda deseñada, contacta con nós: redaccion@culturagalega.org