Galicia só ten o 1,5 por cento das empresas desenvolvedoras de videoxogos no Estado

O galego está dispoñible nun 3 por cento da oferta de xogos

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A revista Morcego, especializada en videoxogos, publicou unha análise en clave galega do Libro Branco do Videoxogo, publicado pola Asociación española de empresas produtoras e desenvolvedoras de videoxogos e software de entretemento. No desglose realizado polo xornalista Carlos Pereiro, sinálase que só o 1,5 por cento das 520 empresas dedicadas en España ao sector están radicadas en Galicia (19 en total) , a maior parte delas nas provincias da Coruña e Pontevedra. Destacan Gato Studio, que está a desenvolver o xogo The Waylanders, e outras como Imaxín Software, Polygon.e Studios ou Trim Tangle. A facturación do sector galego é moi reducida, toda vez que o 86 por cento dos 813 millóns obtidos no 2019 se concentra en Madrid e Cataluña. A análise destaca que só o tres por cento das producións realizadas en España teñen o galego entre as linguas dispoñibles.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cataluña, Madrid, Pontevedra, Lingua galega

Claves

Conceptos