Arquitectura dixital, animación e novas oportunidades na nova edición de Mundos Dixitais

Celébrase na Coruña entre o 4 e o 7 de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O Centro Sociocultural Novacaixagalicia da Coruña acollerá entre o 4 e o 7 de xullo da XI edición do Festival Internacional de Animación, Efectos Especiais, Videoxogos e Arquitectura Dixital. Manuel Meijide, director do Festival, salientou que "dentro do programa desta undécima edición son salientables as numerosas presentacións, en primicia, das tecnoloxías máis innovadoras desenvolvidas en producións nacionais e internacionais". Material inédito de Brancaneves e a lenda do cazador, Prometheus, alumando o mundo dos aliens ou Zombeer serán algunhas das producións das que se poderán ver primicias.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Arquitectura, A Coruña, Manuel Meijide

Claves

Protagonistas
Lugares