Laxe, a vila mariñeira situada no corazón da Costa da Morte, ven de incorporarse a lista de Lugares de Interese Cinematográfico (LIC) da península ibérica. O recente IXº Encontro de Academias de Cine e Audiovisual da Península, celebrado en Ourense presentou oito novos LIC, unha iniciativa conxunta das academias participantes que recoñece espazos singulares polo seu valor patrimonial, histórico e simbólico no audiovisual. A proposta da Academia Galega do Audiovisual a vila de Laxe ven de engadirse a este listado ao ter sido o escenario principal da histórica serie Mareas Vivas, un dos maiores fenómenos televisivos en Galicia nos anos 2000. As súas rúas, o porto, a praia e a vida cotiá da súa xente convertéronse nun plató recoñecible e entrañable que conectou a realidade da costa coa ficción, deixando unha pegada fonda na memoria colectiva. O alcalde de Laxe, Francisco Charlín, acudiu a Ourense para recoller a placa de distinción como LIC Galicia 2025. Laxe únese a unha lista na que en Galicia figuran tamén a vila de Allariz, pola rodaxe de 'A lingua das bolboretas' e a aldea de Facós, en Ourense, pola gravación en 1940 de 'O carro e o home'
Xunto a Laxe, o mapa de lugares recoñecidos amplíase con sete novas incorporacións. En Andalucía, a Alhambra de Granada. Desde Aragón súmase a Rambla da Barrachina, os coñecidos Cañóns Vermellos, un plató natural de espectacular paisaxe que xa serviu de escenario a filmes como Sirat, de Oliver Laxe, anuncios internacionais con Johnny Depp ou videoclips dos Chemical Brothers. En Asturias incorpórase a Cuenca Minera, cun patrimonio industrial único ligado á memoria do carbón e as loitas obreiras. En Cataluña, o recoñecemento é para o antigo Hospital del Tórax de Terrassa, hoxe Parc Audiovisual de Catalunya, onde se rodaron producións como The Machinist, REC 4 ou Un monstruo viene a verme. Extremadura suma Mérida. Desde Portugal engádese a Serra da Estrela. Finalmente, Valencia incorpora a Cidade das Artes e as Ciencias, emblema arquitectónico contemporáneo e escenario de producións como Tomorrowland, Doctor Who, Westworld ou Andor.
Con estas novas incorporacións e perspectivas de crecemento, a rede de Lugares de Interese Cinematográfico continúa medrando e consolidándose como proxecto compartido polas academias da Península, co obxectivo de poñer en valor espazos que forman parte esencial da memoria audiovisual colectiva e reforzar os lazos de traballo entre as diferentes comunidades. As academias participantes foron a Academia de Cine de Andalucía, a Academia del Cine Aragonés, a Academia del Cine Asturiano, a Academia del Cinema Catalá, a Academia de Cine de Extremadura, a Academia Galega do Audiovisual, a Academia Portuguesa de Cinema e a Academia Valenciana de l´Audiovisual. Ademais, as academias anunciaron que no próximo ano convidarán a dúas comunidades autónomas que non dispoñen de Academia de Cine propia a distinguir unha localización como LIC, ampliando así a diversidade territorial e cultural do proxecto.