A película O que arde de Oliver Laxe segue a ser fonte de boas novas para o audiovisual galego. A Academia Europea de Cine (EFA) ven de facer público que o filme, rodado en galego, é unha das 46 películas de ficción seleccionadas como candidatas aos Premios de Cine Europeos (European Film Awards) deste 2019, na que será a 32ª edición dos galardóns. O filme de Oliver Laxe é un dos catro con produción española que aparecen no listado da EFA, xunto con El reino, de Rodrigo Sorogoyen na que actúa o compostelán Luís Zahera, premiado cun Goya pola súa interpretación; Dolor y gloria, de Pedro Almodóvar e La noche de 12 años, de Álvaro Brechner. Na mesma lista que Laxe están as produción de realizadores moi recoñecidos a nivel internacional como Agnieszka Holland, Ken Loach, Olivier Assayas e Danny Boyle entre outros. As 46 películas pre-selecionadas foron elixidas por un comité formado pola directiva da EFA máis un panel internacional de expertos convidados.
Nas vindeiras semanas serán todos os membros da EFA, arredor de 3.600, os que votarán entre estas películas as candidaturas a Película Europea, Director, Actor, Actriz e Guionista destes 32 Premios de Cine Europeos. Un xurado de 8 membros decidirá nas categorías técnicas As candidaturas finalistas anunciaranse o 9 de novembro en Sevilla durante o Festival de Cine Europeo da cidade. Os premiados daranse a coñecer durante a gala dos 32 European Film Awards en Berlín o 7 de decembro. A película de Oliver Laxe, namentras, seguirá o seu percorrido internacional, etreándose no Festival de Cine de Nova York.