O filme de Oliver Laxe O que arde comezou a semana co fito acadado de ser a pelÃcula en idioma galego con máis espectadores da historia. Segundo os datos acumulados do Ministerio de Cultura, ata o 24 de novembro O que arde rexistraba do seu paso en salas (no que aÃnda segue) un total de 63.746 espectadores, superando xa nese momento os 62.203 obtidos en 1989 por Sempre Xonxa, de Chano Piñeiro, ata o momento a máis vista. Nesas primeiras seis semanas de exhibición en cines a pelÃcula de Laxe recadou un total de 346.617 euros. As noticias da produción para finalizar a semana tamén está á altura do comezo. Hoxe, venres, coñeceuse que a pelÃcula ten cinco candidaturas finalistas para os prestixiosos Premios Feroz de audiovisual outorgados pola Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE). Nestes galardóns, considerados a antesala dos Premios Goya, O que arde está entre a selección para os premios a Mellor PelÃcula, Mellor guión (Oliver Laxe e Santiago Fillol), Mellor dirección (Oliver Laxe), Mellor Trailer e Mellor Cartel. Nesta edición dos premios parte como gran favorita a pelÃcula de Pedro Almodovar Dolor y gloria, con dez candidaturas. Os premios entregaranse o xoves 16 de xaneiro en Alcobendas. No marco da feira Culturgal, este domingo, haberá un pase de O que arde con presenza do director.