'O que arde' mellor longametraxe internacional no festival de Mar de Plata

Oliver Laxe e Santiago Fillol tamén foron premiados polo guión da película

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
'O que arde' mellor longametraxe internacional no festival de Mar de Plata

A "quinta provincia" galega tamén ven de sumarse aos recoñecementos ao filme máis premiado da cinematografía galega actual. O Festival Internacional de Cine del Mar de Plata, que pecha hoxe día 18 a súa 34ª edición en Buenos Aires, deulle a O que arde, de Oliver Laxe, o seu Astor de Oro á Mellor Longametraxe da competición internacional. Ademais a película engade ao seu palmarés que Laxe e Santiago Fillol tamén foron merecedores, segundo o xurado, do Astor de Plata polo mellor guión desa competición. Cabe destacar tamén a Mención Especial na sección Estados Alterados do festival obtida por Longa Noite (Eloy Enciso), outro filme galego que está a destacar en todos os festivais e pendente de estrea en salas. Segundo os datos máis recentes do Ministerio de Cultura e Deporte, a exhibición en cines españois de O que arde leva recadados 319.270 € en taquillas, con 58.791 espectadores.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Polo fume se sabe onde arde

Polo fume se sabe onde arde

"O que arde" de Oliver Laxe estréase nas salas rodeada de expectación e cargada dun halo de éxito e relevancia ante o seu palmarés e acollida internacional

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Oliver Laxe, Guión, Eloy Enciso...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares