Este venres chega ás salas de cine de España a pelÃcula de Oliver Laxe O que arde. É a súa estrea tras dúas preestreas na nosa terra e un paseo triunfal por festivais e polas salas francesas. A pelÃcula estará agora xa dispoñible para o conxunto de espectadores do paÃs do que partiu cunha expectación asegurada ante unha historia que xunta o local e pequeno, co grande e universal e que xa se presenta rodeada do atractivo do éxito grazas aos recoñecementos e as crÃticas que segue a recibir.
Foi pouco despois de recibir Laxe o Premio da Semana da CrÃtica de Cannes por Mimosas, en maio de 2017 cando comezou a facerse público cal serÃa o seguinte proxecto deste cineasta novo que cos seus dous primeiros traballos xa conseguira convencer nese esixente festival do paÃs veciño (no 2010 acadara en Cannes o Premio FIPRESCI con Todos vós sodes capitáns). Naquel momento sóubose que Laxe Ãa gravar por vez primeira en Galicia e que a historia estaba relacionada cos incendios, daquela falábase dun "falso documental" é a cinta presentaba o tÃtulo provisional de Aquelo que arde. Asà figuraba na relación de axudas concedidas pola Agadic a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego, pola cal a axencia pública galega concedÃa por este filme 209.109 euros Miramemira S.L., a pola galega desta produción internacional. Mentres Mimosas, a cinta gravada en Marrocos igualmente que Todos vós sodes capitáns e en lingua árabe seguÃa o seu camiño aÃnda viva para recibir máis recoñecementos e chegar ás salas, Laxe xa comezaba a traballar neste outro proxecto e levantar a curiosidade da comunidade cinéfila do paÃs.
Oliver Laxe naceu en ParÃs en 1982, fillo de emigrantes galegos, aos seis anos regresou coa súa familia a Galicia para instalarse na Coruña. Tras estudar cine e realización na Universidad Pompeu Fabra de Barcelona, realizou as curtametraxes E as chemineas decidiron escapar -en colaboración con Enrique Aguilar-, Soa unha trompeta, agora vexo outra cara, e ParÃs #1. As pezas proxectáronse e recibiron algúns premios, en festivais como o Festival Internacional de Cine de Gijón, o BAFICI, o Indielisboa e o Festival Internacional de Cine de Las Palmas, Festival de Cine Experimental de Granada, Filminho e o Play-Doc. Tras unha estancia en Tánxer e impartir clases de cine nunha asociación de acollida de menores, xurdiu Todos vós sodes capitáns, primeira longametraxe coa que chegaba a Cannes, malia que non era na sección oficial como esta última, non deixaba de ser un fito importante do que ademais saÃa triunfante. Laxe estaba a representar involuntariamente a unha xeración englobada como “novo cinema galego” e era o mascarón de proa dunha nave do audiovisual que viña tomar o relevo daquela inicial dos anos oitenta encarnada en Chano Piñeiro e Xabier Bermúdez. Naquel ano 2017, co éxito en alza de Mimosas en Cannes, O Cairo (Premio Pirámide de Ouro ) e Sevilla (Premio Especial do xurado) a Xunta o condecorou co Premio da Cultura Galega e recolleou tamén o Premio Cidade de Ourense da 21ª edición do OUFF e todos os ollos comezaron a mirar con detalle cada un dos seus movementos.
A desaparición do mundo rural
Finalmente daquela idea de "falso documental" sobre os incendios da que ao principio se falou só quedarÃa a complicada gravación cinematográfica de lumes reais, un traballo de produción dunha complexidade enorme en dificultade técnica, medios e tempo pero que se ve recompensado na pelÃcula grazas a o enorme valor de impacto das tomas no devir da historia. Moitos medios, tanto franceses como galegos, enfocaron inicialmente a produción como unha historia sobre o fenómeno dos pirómanos e os incendios na nosa rexión, tristemente coñecida por eses desastres, pero a pesares da grande importancia da piromanÃa na sinopse e nas personaxes, e do lume na propia metraxe, pero o propio director recoñecÃa en entrevistas que O que arde non é unha pelÃcula sobre a piromanÃa senón que é unha historia crepuscular que usa das personaxes e do lume para falar dun mundo rural que se acaba, que está nunha desaparición a veces acelerada por eses lumes pero da que a responsabilidade non pode recaer nun só individuo ou nun feixe deles, é colectiva. "Asistimos todos atónitos á destrución desapiadada do noso patrimonio. E a opinión pública busca culpables, quere sangue". Di Laxe nas notas que acompañan a presentación da produción ao tempo que comparte que el mesmo participa desa rabia colectiva. "Pero ao mesmo tempo hai algo que me interpela cando vexo que toda unha sociedade se pon de acordo en contra dun individuo, un individuo que carga coa responsabilidade de toda unha sociedade enteira", asegura. "Creo que na cuestión do lume somos todos un pouco culpables, por ter crido e participado na relixión das cidades, pola nosa propia responsabilidade no atrofiamento e desmantelamento dos campos". O filme rexeita dividir o mundo en culpables e inocentes, mesmos para os tantas veces rexeitados eucaliptos invasores ten comprensivas palabras a personaxe de Benedicta: "Se fan sufrir é porque sofren", dille ao seu fillo nunha frase que condensa parte da complexa mensaxe da pelÃcula.
Amador, Benedicta e a montaña
A sinopse da pelÃcula resúmese na hisotria de Amador Coro, que sae da cadea tras cumprir condena por ter provocado un incendio. Regresa á súa casa, unha aldea perdida das montañas lucenses, onde volverá convivir coa súa nai Benedicta, a súa cadela Luna e as súas tres vacas. As súas vidas transcorren ao ritmo sosegado da natureza, ata que todo cambia cando un lume violento arrasa a zona.
Navia de Suarna, nos Ancares lucenses foi a localidade elixida para ambientar este drama rural e alÃ, na patria chica por motivos familiares de Laxe, o equipo de produción comezou a buscar o seu reparto por fóra da oferta profesional da interpretación. Xente do común facendo de xente do común. Xente da montaña e da vida rural movéndose polo seu entorno natural, aÃnda que facendo de outras persoas cunha vida e unha historia moi concreta. Nese proceso apareceron Amador Arias e Benedicta Sánchez no que é o seu primeiro traballo como actores profesionais, que a través dos seu personaxes homónimos (Amador e Benedicta) poñen dúas das bases desta historia, as outras as teñen os propios elementos da natureza: a auga, a terra, o aire e o lume. "En cada unha das pelÃculas é o encontro coas persoas reais o que me proporciona unha gran parte do desexo de filmar, de que as miñas personaxes sexan encarnadas. SucedÃa con Shakib Ben Omar en Todos vós sodes capitáns e en Mimosas, sucede agora con Amador Arias en O que arde", asegura o propio Laxe. Garda forestal na vida real, Amador presentouse á audición convocada en Navia pola produtora do filme na procura de actores. Durante a preestrea da pelÃcula no recente festival CurtocircuÃto proxectáronse as gravacións dese momento no que o director da pelÃcula atopa nel o que buscaba. "Namoreime de Amador inmediatamente -recoñecÃa Laxe no CurtocircuÃto do seu encontro co seu protagonista- xa non sabÃa que máis dicirlle para que seguise alà falando". No caso de Benedicta Sánchez a súa fascinante e enerxética personalidade está a xogar, nesta fase de promoción do filme, un papel positivo que fai xirar moitas olladas cara esta muller de 85 anos (83 durante a rodaxe) cunha vida tan interesante como para facer unha pelÃcula dela, segundo recoñecÃa o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na súa intervención durante a preestrea do filme. Dela Laxe só ten palabras de admiración cara a súa entrega: "dáballe igual ensaiar ou filmar baixo a choiva durante horas. Foi unha profesional infatigable".
Da enerxÃa de Benedicta non se esquecerán doadamente en Cannes. A súa imaxe bailando unha muiñeira coa súa melena branca deu case a volta ao mundo e en cada aparición pública é un dos centro de atención polo seu carisma e desenvoltura. Alén de todo isto, a súa interpretación dunha muller con cuxa personalidade pouco ten que ver deixou no celuloide unha construción de personaxe fascinante na súa contención. Ademais diso, a mestrÃa plástica de Laxe na ollada sobre as paisaxes naturais, que xa demostrara sobradamente en Mimosas co Atlas marroquÃ, volvÃase aquà sobre unha terra vencellada á súa propia infancia familiar – os Ancares- e pon ante nós a beleza da Galicia interior dun xeito sublime.
O galego entra nas salas de todo o mundo
Tres décadas separan a estrea de Sempre Xonxa (1989), longametraxe de Chano Piñeiro filmada en galego e que tamén chegou ás salas na súa lingua orixinal desta estrea de O que arde de Oliver Laxe. A presenza do cine na nosa lingua segue sen embargo a ser cativa a pesares de que, como está a demostrar xustamente a pelÃcula de Laxe, as fronteiras idiomáticas non son tan complicadas de superar no audiovisual como moitas veces as pintan. Polo pronto a pelÃcula xa pode presumir, ademais do palmarés habido ou por haber, de ser a primeira pelÃcula en galego en estrearse no festival de Cannes e por ter sido capaz de atraer a presenza dun presidente da Xunta de Galicia – Alberto Núñez Feijóo- na súa preestrea galega o pasado 1 de outubro no festival CurtocircuÃto, no que é unha imaxe pouco común no campo da cultura galega. Poucos dÃas antes desa exhibición na capital galega antes as elites do poder polÃtico do paÃs, cuxa presenza o propio director celebrou, foron os veciños de Navia de Suarna os que puideron asistir a unha primeira proxección do filme que se fixo na súa contorna e no que algúns deles contribuiron. AÃnda antes diso, en setembro a pelÃcula estreouse no circuÃto de salas francés, tamén so seu idioma orixinal en versión subtitulada, baixo o tÃtulo Viendra le feu chegaba a 54 salas en 21 cidades de todo o paÃs galo da man da distribuidora internacional Pyramide Films. O filme espertou o interese de numerosos medios franceses que non viron na súa lingua orixinal un atranco para achegarse á súa historia.
Mañá, 12 de outubro, o filme proxectarase tamén en Nova York, estreándose asà nos EE.UU. dentro da sección oficial do festival internacional de cine desta cidade, para o que tamén foi seleccionada a cinta de Pedro Almodovar, cinta española coa que O que arde compite, entre outras 46 como candidatas aos Premios de Cine Europeos (European Film Awards) deste 2019 convocados pola Academia Europea de Cine e que se fallarán o vindeiro decembro en BerlÃn.
A pelÃcula sae hoxe por fin en territorio español impulsada a través de NUMAX Distribuidora con 49 copias en estrea en toda España, onde se proxectará sempre en versión orixinal galega, con opción de subtitulado en español e catalán. En Galicia O que arde chegará a un total de 19 salas situadas nas 7 grandes cidades (Santiago, A Coruña, Vigo, Ourense, Lugo, Pontevedra, Ferrol) e tamén en vilas de diferentes comarcas do paÃs: Carballo, Monforte de Lemos, VilagarcÃa de Arousa, Viveiro, A Rúa, VerÃn, As Pontes, A Estrada e Caldas de Reis, cun pase único fóra de estrea en Ribadeo o xoves 17 ás 20:30. O director, que gustas estar en contacto co público, acompañará persoalmente o filme na súa xira galega, con presentacións e coloquios en varias das salas. Na estrea de hoxe mesmo estará na sala compostelá NUMAX acompañado polos seus actores protagonistas Amador Arias e Benedicta Sánchez. O Luns 14 de outubro acudirá á presentación e coloquio nos Cantones Cines da Coruña na compaña da poeta Yolanda Castaño e ao dÃa seguinte estará nos Cines Duplex de Ferrol. O mércores será en tres diferentes sesión ao longo da tarde dos Códex Cinema de Lugo onde Laxe estará presente e o xoves será no sur de Galicia, ás 18:00 horas en Cinexpo Pontevedra e despois nos Multicines Norte de Vigo ás 21:20 onde Laxe pechará o seu acompañamento do filme. Agora a pelÃcula xa queda nas mans, ou mellor dito nos ollos, do público para que tiren as súas propias conclusións sobre o que hai detras de tanto fume levantado.