Quiosco: Follas novas número 9

A revista aborda diversos estudos sobre Rosalía de Castro e o seu tempo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Quiosco: Follas novas número 9

A revista de estudos rosalianos Follas novas presenta o seu número 9 cunha ampla escola de artigos ao redor da biografía, a recepción e a difusión da obra da poeta. Entre os artigos figura un estudo do retrato de Rosalía de Castro que fixo o portugués José de Brito, a cargo de Anxos García Fonte, ou un traballo de Xurxo Martínez sobre O rexurdimento a cabalo da República e Restauración (1973-1890). Esperanza Piñeiro publica un epistolario de Benito Vicetto con Manuel Murguía e outros destacados intelectuais galegos do século XIX. Margarita Viso aborda as homenaxes practicadas á familia Murguía-Castro (1894-1964). A revista pode descargarse de balde na rede.

Que che parece esta nova?
88 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Quiosco: Follas Novas 3

Quiosco: Follas Novas 3

A Revista de Estudos Rosalianos achega novas análises sobre a obra da autora e o seu contexto histórico

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Manuel Murguía, Esperanza Piñeiro, Portugués...