Quiosco: Follas Novas 8

A última entrega da Revista de Estudos Rosalianos está dispoñible na rede

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Quiosco: Follas Novas 8

A Fundación Rosalía de Castro está a presentar por todo o país a última entrega de Follas Novas. Revista de Estudos Rosalianos. O número 8 da cabeceira, que se pode consultar íntegro na rede, achega artigos sobre a proxección mediática de Manuel Murguía, a cargo de Uxío-Breogán Diéguez, ou a problemática datación de poemas de Rosalía de Castro con versións en galego e en castelán, abordada por Diego Rodríguez González.

Canda a estes, os artigos do volume abordan cuestións como Loucura e xénero en dúas novelas de Rosalía de Castro: La hija del mar (1859) e El primer loco (1881) da man de Marinha Paradelo, ou a presenza da autora en Italia, analizada por Aurora López e Andrés Pociña.

Tamén se trata algo tan curioso como a presenza rosaliana nos proxectos Wikimedia, "onde é un dos elementos da cultura galega con maior pegada", segundo clama Adrián Estévez Iglesias, autor do artigo. Un repaso á actividade da Fundación Rosalía ou a pegada do Padroado Rosalía de Castro na conformación do teatro galego durante o franquismo son outros contidos dispoñibles no volume.

Que che parece esta nova?
102 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Follas Novas 6

Quiosco: Follas Novas 6

A reivindicación da nai de Rosalía ou unha interpretación astronómica de versos da autora fan parte esta entrega

Quiosco: Follas Novas 3

Quiosco: Follas Novas 3

A Revista de Estudos Rosalianos achega novas análises sobre a obra da autora e o seu contexto histórico

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Manuel Murguía, Breogán, Fundación Rosalía de Castro...