Quiosco: Follas Novas 3

A Revista de Estudos Rosalianos achega novas análises sobre a obra da autora e o seu contexto histórico

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Quiosco: Follas Novas 3

A Fundación Rosalía de Castro presentou recentemente a terceira entrega de Follas Novas. Revista de Estudos Rosalianos, que patrocina neste caso o Concello de Rois. Un artigo de Xosé Ramón Barreiro sobre os epígonos das Irmandades da Fala, outro de Xusto Beramendi, sobre a Revolución da Gloriosa e o galeguismou, ou un de Anxos García e Henrique Sanfiz, sobre as relacións de Rosalía coa aldea do Seixo, en Mugardos, son algunhas das achegas presentes no volume, que se pode descargar íntegro no web da Fundación. Textos sobre Manuel Barros, análises sobre o poemario En las orillas del Sar ou unha achega sobre a recepción de Rosalía en Portugal son outros contidos que fan parte da revista.

Que che parece esta nova?
113 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Follas Novas 6

Quiosco: Follas Novas 6

A reivindicación da nai de Rosalía ou unha interpretación astronómica de versos da autora fan parte esta entrega

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Xosé Ramón Barreiro, Irmandades da Fala, Fundación Rosalía de Castro...