Quiosco: Follas Novas número 5

Difúndese o novo número da revista da Fundación Rosalía de Castro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Cuberta da revista

Cuberta da revista

Co gallo do Día de Rosalía, a Fundación Rosalía de Castro publicou e subiu á rede para libre descarga o número 5 da súa revista de estudos rosalianos Follas Novas, que desta volta incorpora interesantes artigos ao redor da obra de Rosalía. Pilar García Negro reflexiona ao redor da visión de Galicia e de clase social en "Emilia Pardo Bazán. Notas para un debate necesario". Aurora López e Andrés Pociña recompilan no texto "Rosalía de Castro: intentos de asasinato durante a Guerra Civil (1936–1939) a presenza literaria da autora durante o conflito. E María de los Ángeles Rodríguez Fontenla estuda a "mitificación e rostrificación da imaxe fotográfica" de Rosalía de Castro, entre moitos outros contidos.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Quiosco: Follas Novas 6

Quiosco: Follas Novas 6

A reivindicación da nai de Rosalía ou unha interpretación astronómica de versos da autora fan parte esta entrega

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Fundación Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Andrés Pociña...