
Dentro dos contidos, destaca o texto Reivindicación de dona Teresa de Castro, nai moi querida por Rosalía, no que López e Pociña desmontan a idea do abandono da poeta pola súa nai e poñen de relevo a relación entre as dúas mulleres tanto na infancia de Rosalía como na súa mocidade.
Pola súa banda, Pawley e Couto propoñen unha lectura astronómica dun verso da autora. A reconstruír a configuración do ceo no momento do seu nacemento, teorizan que os versos "Ou ti!, roxa estrela / que din que comigo / naciche " poden se referir á conxunción de Marte e Xúpiter que se deu nese momento.
Canda a estes, outros artigos abordan cuestións como a recuperación da pía bautismal de Sta. María de Dodro onde foran bautizados Gala e Ovidio Murguía, o papel de Alejandra Murguía, o epistolario do home de Rosalía ou textos sobre Xoán Manuel Pintos e Curros Enríquez, entre outros.