Quiosco: Follas Novas, número 1

É a nova revista de estudos rosalianos da Fundación Rosalía de Castro

27/2/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Xosé Luís Axeitos é o director de Follas novas, a nova revista de estudos da Fundación Rosalía de Castro. O novo número ach3ega unha visión crítica da obra en prosa de Rosalía a cargo de especialistas como Carmén Fernández-Pérez Sanjulián, Kathleen N. March, María López Sández, Francisco Rodríguez Sánchez e María Pilar García Negro. Na sección «Documentos» María Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda exhuma unha carta de Alfredo Vicenti a Manuel Murguía e outra deste último á propia Rosalía é analizada por Diego Rodríguez González. Outras seccións como «Recensións», «Bibliografía», «Varia» e «Casa de Rosalía» completan os seus contidos.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

01/04/2022

Quiosco: Follas Novas 6

A reivindicación da nai de Rosalía ou unha interpretación astronómica de versos da autora fan parte esta entrega

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Fundación Rosalía de Castro, Francisco Rodríguez, María López Sández...