Falece a filóloga Victoria Álvarez Ruíz de Ojeda

A investigadora esta especialista na figura de Rosalía de Castro

24/9/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A investigadora especializada na figura de Rosalía Castro Victoria Álvarez Ruíz de Ojeda falecía onte en Vigo aos 57 anos de idade. A estudosa era membro do padroado da fundación Rosalía de Castro e mais da Fundación Blanco-Amor e era colaboradora habitual de publicacións como o Anuario de Estudos Literarios Galegos, Grial, revista galega de cultura, Follas novas: revista de estudos rosalianos, Boletín da Real Academia Galega ou Festa da Palabra Silenciada. Os restos da falecida serán incinerados hoxe ás 18:45 no tanatorio de Pereiró, en Vigo, nunha ceremonia laica na que se desenvolverá tamén un acto cívico-literario na súa honra.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

05/03/2019

Quiosco: Follas Novas 3

A Revista de Estudos Rosalianos achega novas análises sobre a obra da autora e o seu contexto histórico

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Vigo, Fundación Rosalía de Castro, Grial...