Andrea Davila e Andrés Rivas saen premiados de ARTESANTADER

A galería lucense NÉBOA presentábaos na feira cántabra de arte contemporánea

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Posto da galería NÉBOA en ARTESANTADER

Posto da galería NÉBOA en ARTESANTADER

A Galería NÉBOA (Lugo) pechou a súa primeira participación na feira de arte contemporánea ARTESANTANDER 2025 cun balance moi positivo ao ter recibido catro recoñecementos destacados por parte de coleccións públicas e privadas. A súa artista representada, Andrea Davila Rubio (Boiro, 1995) gañou o II Premio ARTESANTANDER de Residencia Artística Celestino Cuevas, en colaboración co Ayuntamiento de Reinosa, polo cal incorporarase ao Vº Programa de Residencias Celestino Cuevas dirixido por José Ajá entre o 23 de xullo e o 2 de agosto de 2025. A artista ten actualmente aberta unha exposición na galería lucense ata o 12 de setembro. Pola súa banda a obra de Andrés Rivas Rodís (Santiago de Compostela, 2000), tamén presentada por NÉBOA, foi recoñecida con tres premios de adquisición: da Colección Norte de Arte Contemporáneo do Goberno de Cantabria; Colección Fundación Campocerrado e KELLS Art Collection.

Que che parece esta nova?
129 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Feira, Andrea Davila Rubio, Galería Néboa...