Dúas propostas galegas acaban de obter recoñecemento na feira de arte JustMad, que se desenvolveu na capital estatal ata este 26 de febreiro. A creadora Lúa Gándara, de Poio, que participaba neste evento da man da galerÃa Metro, obtivo o premio de coleccionismo Admiranda pola súa obra rosa bebé señor, cadro pintado en acrÃlico sobre lenzo en 2022. A peza pasará a formar parte da colección que patrocina o galardón, especializada en mulleres artistas.
Ademáis, e segundo recolle o Faro de Vigo, outro galego conseguiu un recoñecemento nesta cita. O lugués David Fidalgo conseguiu o premio Residencia LEA (Lab of Experimental Art), en cuxa sede desenvolverá unha residencia creativa de seis meses. Canda a eles, a galerÃa compostelá Nordés obtivo para un dos seus artistas, o navarro Alberto Odériz, o galardón Cervezas Alhambra de Arte Emerxente.