Adolfina Mesa imponse no XXX Certame Galego de Arte de Begonte

A obra Amor mortal reportaralle 1.500 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A trixésima edición do Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán que convoca o Concello de Begonte ten xa gañadora. A creadora Adolfina Mesa fíxose co primeiro premio desta convocatoria coa súa obra Amor mortal, un acrílico sobre lenzo e outros materiais. No galardón, que recoñece traballos que promoven a igualdade e loitan pola erradicación da violencia sexual sufrida polas mulleres, recoñeceuse tamén cunha mención de honra a obra Visíbeis invisíbeis de Eduardo Baamonde.

O xurado responsable da selección estivo composto por Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo, polos pintores Manuel Gulín e Gonzalo Sánchez Folgueira 'Zalo' e mais por Xulio Xiz en representación del centro cultural José Domínguez Guizán. Os traballos presentados ao certame permanecerán expostos ata o vindeiro 11 de xaneiro na sala expositiva do Edificio Administrativo da Xunta en Lugo e trasladaranse posterioremente á Casa da Cultura de Begonte.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Igualdade, Mulleres, Xulio Xiz, Casa da Cultura...

Claves

Protagonistas
Lugares