Hipólito Xeada gaña o concurso de arte de Begonte

A pintura 'A ilusión do Nadal' acadou o acordo do xurado da 36ª edición do Certame Galego de Arte

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A obra de Hipólito Xeada vencedora do certame

A obra de Hipólito Xeada vencedora do certame

O artista Hipólito Xeada (Alfoz, Lugo, 1955) ven de gañar a trixésima sexta edición do Certame Galego de Arte "JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN", coa obra pictórica 'A ilusión do Nadal'. Este premio, está convocado desde a organización do Belén de Begonte e inclúe unha dotación de 2.000 euros. O xurado estivo conformado por Aurelia Balseiro García, Directora do Museo Provincial de Lugo; Gonzalo Sánchez Folgueira, "Zalo", pintor; Javier Arias Fouz, Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo; Xulio Xiz Ramil, Presidente do Centro convocante e Sonia Varela García, da Comisión de Cultura do centro cultural convocante. Pola calidade dos traballos presentados, o Xurado acordou conceder Mención de Honra a outras tres obras. Os premios serán entregados no decurso do acto de clausura do Belén de Begonte, o próximo 31 de xaneiro de 2026. A exposición das obras presentadas pode ser visitada na Sala da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo ata o próximo 14 de xaneiro. Desde o 15 ao 30 de xaneiro, estarán expostas na Casa da Cultura do Concello de Begonte.

Que che parece esta nova?
309 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nadal, Xunta de Galicia, Xulio Xiz, Casa da Cultura...

Claves

Protagonistas
Lugares