María Vázquez recibirá a homenaxe da 47ª Semana de Cine de Autor de Lugo

Máis de 148 películas formarán parte deste evento que se celebrará en cinco espazos da cidade

Máis de 148 películas formarán parte deste evento que se celebrará en cinco espazos da cidade
A Semana de Cinema de Autor de Lugo, organizada pola asociación Fonmiñá en colaboración coas administracións autonómica, local e provincial e máis a USC, chega este mes á súa cuadrasétima edición. Entre os días 22 e 28 terán lugar 148 proxeccións en cinco espazos da cidade cun programa que inclúe dúas homenaxes. Por un lado celébrase, xa desde o cartel, o centenario do filme 'A Quimera de Ouro', de Charlie Chaplin 'Charlot'. Ademais este ano o festival homenaxea tamén a unha actriz do país, María Vázquez, coa proxección do filme 'A sombra do castiñeiro' (Marcos Varela, 2024), que se verá o luns. O ciclo Cine galego, ofrecerá en total trece obras recentes que amosan a forza do noso audiovisual, e tamén haberá un ciclo Cine de Nadal, en homenaxe ao Belén de Begonte, un referente cultural e artístico do Nadal lucense.

O programa desenvolverá ademais das propias proxeccións, as actividades complementarias. Ente estas última inclúense visionados de curtametraxes das que 50 serán en lingua galega. Mantéñense como sempre as seccións habituais con 'O mellor do ano' e a 'Sección Oficial' todos os días ás 10.00 e 22.00 horas, respectivamente, no auditorio Gustavo Freire. Seis filmes de 'Cinema Español Inédito' e un para falar de '90 Anos de Radio en Lugo' completan a programación cinéfila desta semana con visionados na Biblioteca. O Vello Cárcere será o lugar que acolla as proxeccións das curtametraxes, ás 17.30 serán os xenéricos, e ás 20.00 os feitos en galego.