Lugo acollerá a 36 Semana Internacional de Cine de Autor

A homenaxe a Manuel Lourenzo e o ciclo sobre Cinema e Arte son as principais novidades

8/9/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Cita xa clásica no audiovisual galego, a Semana de Cine de Autor de Lugo chega a súa trixésimo sexta edición a partir do vindeiro 15 de setembro. Como grandes novidades nesta xeira, destaca a posta en marcha dun ciclo sobre Cinema e Arte que se desenvolverá no Museo Provincial e que amosará filmes sobre figuras como filmes sobre Caravaggio ou El Greco. Ademais, o festival renderalle homenaxe a Manuel Lourenzo polo seu traballo e proxectará o filme El baile de las ánimas. O programa inclúe en total oito ciclos diferentes que se poderán seguir en seis espazos da cidade. O festival está organizado polo colectivo Fonmiñá co apoio da Deputación de Lugo.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Lugo, Manuel Lourenzo, Deputación de Lugo

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares