A Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo fai 40 anos

Cento sesenta e cinco títulos e unha programación expandida celebran o aniversario do evento

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
A Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo fai 40 anos

O grupo Fonmiñá inicia hoxe, 10 de setembro, a corenta xeira da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. Para conmemorar o aniversario deste veterano evento, a entidade presentou un programa especial cunha duración estendida, ata o vindeiro día 21, cun total de 165 filmes que se poderán ver en seis espazos diferentes. En total, desenvolveranse trece ciclos diferentes, Infantil, O Mellor do Ano, Sección Oficial, E para comer... Lugo, Arte de Cine, Ciclo Cárceres, Grandes Historias, Cine Galego, Sección Especial, Encontros de Cine, Cine Nostálxico e Curtas de Cine. Desenvolverase tamén unha homenaxe a Rosario Durcal, actriz nacida en Lugo que obtivo grande éxito co seu traballo en México.

A coincidir co aniversario, Fonmiñá presentará o volume 40 semanas de cine en Lugo, a cargo de Xulio Xiz, presidente do colectivo e de Manuel Curil, director da Semana, a repasar a historia do evento.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Lugo, México, Xulio Xiz

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares