A Semana de Cine de Lugo homenaxea ao director e produtor Ricardo Núñez

Foi unha figura destacada do cinema español nos anos trinta e corenta

Ricardo Núñez (Betanzos, 1904 - Palma de Mallorca, 1998) foi actor, director e produtor. Na súa filmografía destacan máis duns corenta títulos tanto como director como produtor entre España e Arxentina, onde emigrou nos anos corenta. Núñez é o vindeiro homenaxeado da Semana de Cine de Lugo cunha serie de proxeccións así como unha exposición no Museo de Lugo sobre a súa figura. A cita, organizada polo cineclub fotocinematográfico Fonmiñá, terá lugar do 17 ao 22 de setembro. Aínda que non se deu a coñecer a programación oficial, avanzaron que contará fiel ao seu esquema, con oito ciclos de películas (Infantil, o mellor do ano, curtas –sección oficial, sección oficial, cine e radio e “E para comer, Lugo”) nun total de 42 sesións.