
Do 25 ao 30 de setembro comezará unha nova edición do Festival de Cinema de Lugo que se desenvolven en diferentes escenarios da cidade. Un dos nomes propios é o do arxentino de orixe galega Enrique Muiños, iniciado nos circuÃtos de teatro porteño que o fixo moi popular no paÃs austral. Mesmo chegou, no marco da compañÃa MuÃño-Alippi, a participar nunha xira en Galicia en 1922. Coa aparición do cinema sonoro, deu o salto dos escenarios á gran pantalla iniciando unha fulgurante carreira como actor (a súa filmografÃa conta con máis dunha vintena de tÃtulos) e máis tarde como produtor (funda AAA, Artistas Argentinos Asociados). No Diccionario de Cine en Galicia dise del que “como actor representou o tipo rexo e viril do paisano maduro con gran compromiso entre a contención cinematográfica e a natureza expansiva do carácter arxentino”.