A Semana de Cine de Autor de Lugo mantén a súa programación na 34 edición

Diferentes espazos da localidade acollerán a programación entre o 17 e o 22 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Sección infantil, ciclos "o mellor do ano", "cine e gastronomía", "cine e radio", "as curtas tamén son cine" e a sección oficial. A 34 edición do Festival de Cine de Autor de Lugo mantén a súa estrutura de traballo habitual con prezos populares para achegarse á cidadanía. Nesta ocasión, como xa avanzaran hai un mes, o homenaxeado é o actor, director e productor Ricardo Núñez (Betanzos, 1904 - Palma de Mallorca, 1998). Unha exposición, unha publicación e a proxección dalgunhas das súas películas como actor fan parte da programación para recuperar a súa figura. A cita terá lugar entre o 17 e o 22 de setembro en distintas localizacións da cidade.

A presentación do econtro tivo lugar esta mañá en Lugo, onde a vicepresidencia da Deputación reivindicou o labor que está a facer para apoiar inicaitivas culturais, ao tempo que aproveitou para criticar á Xunta á que acusou de empregar “a situación económica como cortina de fume para abandonar a promoción da cultura, especialmente se se trata da cultura do noso país”.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Lugo, Betanzos, Gastronomía

Claves

Conceptos
Lugares