A Semana de Cine de Autor de Lugo lembra a figura de Antonio Casal

O festival homenaxea o cartelista Manuel Piñeiro e a escritora Marta Rivera de la Cruz

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Portada de "Antonio Casal. Mi vida". Ediciones Astros, Madrid, 1943.

Portada de "Antonio Casal. Mi vida". Ediciones Astros, Madrid, 1943.

Foi un dos grandes actores do cinema xerado das décadas dos corenta e cincuenta do cinema español. E algúns dos filmes nos que ten participado poderanse ver en Lugo, no marco da Semana Internacional de Cine de Autor que se desenvolve entre o 18 e o 25 de setembro. Ademais, a filla deste actor, a tamén actriz María Casal participará neste encontro que tamén contará coa presenza de Óliver Laxe. Polo demais, o certame conta coas súas seccións habituais (sección oficial, curtametraxes, escolma das mellores películas do ano e o ciclo gastronómico e audiovisual). Ademais, esta edición tamén servirá para recuperar a figura de do cartelista Manuel Piñeiro e da escritora Marta Rivera de la Cruz.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Lugo, Marta Rivera, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares