A XXXV Semana de Cine de Autor de Lugo estará centrada na cidade

Celébrase entre o 16 e o 21 de setembro e proxectará 83 filmes

11/9/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Coa propia cidade como eixe temático o vindeiro 16 de setembro abre as súas portas a XXXV Semana de Cine de Autor de Lugo. O veterano evento que organiza o cineclube Fonmiñá transcorre ata o día 21 e inclúe 83 filmes, entre os cales poderá verse unha escolma de producións que se rodaron na Cidade da Muralla. Así poderán verse obras como Fuego, Matías, juez de línea, El rey del río ou La vieja música. Ademais, haberá unha sección gastronómica baixo o lema E para comer... Lugo. A película Avión, el pueblo ausente, de María e Marcos Hervera abrirá o programa. O cartel do evento, a cargo da barcelonesa Mar Balcells Font foi seleccionado entre os 80 que concorreron ao concurso convocado pola organización.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Lugo, Cidade da Muralla

Claves

Conceptos