Os nomes de MarÃa Casares e de Margarita Ledo agrandarán o Paseo do Cine de Lugo, vencellado á Semana de Cine da localidade , que este ano celebra a súa edición número corenta e catro. O evento homenaxeará asà con dúas placas nese espazo á actriz coruñesa no seu centenario e á cineasta de Castro de Rei, Margarita Ledo, pola súa traxectoria. Ademais esta XLIV Semana do Cine de Lugo, organizada desde o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, terá tamén un recordo especial para o escritor DarÃo Xohán Cabana, ao ano dende o seu pasamento. Outras persoas ou temas serán recordados tamén coas proxeccións de pelÃculas, como será o caso do actor José Luis López Vázquez polo seu centenario, coa proxección de "El bosque del lobo" ou a invasión rusa de UcraÃna (coa pelÃcula "El acorazado Potemkim"). O evento proxectará 131 filmes entre os dÃas 19 e 24 de setembro en varios espazos que van desde a sede da Deputación provincial, o Vello Cárcere , a sede de Aspnais e .os nos centros penitenciarios de Teixeiro, Bonxe e Monterroso.
Dúas placas novas sumaranse ao Paseo do Cine de Lugo. Nunha delas estará o nome da actriz coruñesa MarÃa Casares, da que este ano se levan a cabo diferentes accións con motivo do seu centenario. Ademais desta placa a XLIV Semana de Cine saca un cartel cunha caricatura da actriz, asinada por Siro López (que tamén estará na placa) e inclúe no seu programa unha retrospectiva comentada das súas pelÃculas, ademais da apertura dunha exposición na Biblioteca Provincial. A outra homenaxeada desta edición será a cineasta, escritora e profesora Margarita Ledo Andión, nacida na localidade lucense de Castro de Rei. A realizadora será recoñecida pola súa traxectoria e achega con esta placa e ademais poderá verse, o mesmo dÃa 19, o seu recente filme 'Nación', que lle valeu varios premios e recoñecementos. No caso da lembranza do escritor lucense Dario Xohán Cabana no aniversario do seu pasamento, está articularase a través do programa coa proxección da pelÃcula ' A mariñeira'.