A xornalista e escritora Sara Vila Alonso (As Neves, 1989) é a gañadora do XLII Premio de Novela Eduardo Blanco-Amor pola súa obra 'O Incendio'. Así o acordou o xurado do certame, que escolleu a obra gañadora de entre un total de 21 orixinais presentados a esta edición. No seu fallo, o xurado destaca "o tratamento desprexuizado" do acoso escolar e sexual, así como das relacións familiares. Desde a perspectiva da protagonista (unha muller que relata a súa adolescencia) e cunha voz poderosa e crúa, sinala a acta, a obra achégase a un "universo adolescente e rural que foxe da mitificación a través de personaxes ben construídos, realistas e coherentes". A dureza dunha realidade pouco compracente, engade o xurado, "contrasta co sentido do humor no tratamento das diferenzas entre mocidade e vellez, ademais coa asepsia dos adultos e a problemática da infancia, ou a vitalidade do primeiro encontro coa morte". Organizado pola Fundación Eduardo Blanco-Amor coa colaboración da Deputación de Ourense, o premio está dotado con 15.000 euros e leva implícita á publicación da obra por unha editorial escollida polo gañador.
Sara Vila Alonso é licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e na actualidade é xefa de Comunicación da Editorial Xerais. Como autora acadou en 2016 o primeiro premio no Certame Literario Viadutos de Redondela polo relato 'Adeus, María'. 'Oito días sen Eva Cortes' é a súa primeira incursión na novela, coa que gañou en 2021 a quinta edición do Premio Illa Nova de Narrativa para menores de 35 anos, convocado pola Editorial Galaxia en colaboración co Ámbito Cultural de El Corte Inglés. Unha obra da que o xurado destacou entón a súa solvencia narrativa e tratamento de temas de plena actualidade.