
Segundo recolle o fallo do galardón, a peza "resume as caracterÃsticas esenciais na traxectoria da artista", a atender "o cotiá feminino, o espazo doméstico e o etnográfico, a través de obxectos cunha forte carga simbólica". Para o xurado este traballo "remite a un universo moi persoal no que o corpo da artista a través da performance, nos interpela desde un posicionamento feminista sempre presente na súa práctica artÃstica. Por outra banda, as referencias ó universo sonoro no traballo, nesta peza coas cordas e as caravillas da guitarra que aparecen en tensión sen chegar a producir sons".
A deputada de Cultura, Natividade González, presidiu un comité integrado por Elena Bangueses Buceta, Xose Manuel Buxán Bran, Anxela Caramés Sales, Maria Dolores Dopico Aneiros e Manuel Ignacio Martinez Antelo.
Ademais, de acordo coa convocatoria, a Deputación destinou 24.125 euros a mercar outras seis obras presentadas ao concurso. La memoria en el corazón, de Carmen Suárez, Czerny, Schule der Geläufigkeit op.299,erstes Heft, de Ana Pérez, Diario, octubre del 84, de Joan Morera, Pintura Peso 3923, de Carlos Fernández, ConJugar, de Andrea Costas e América del norte polÃtica, de Jesús Victoriano Fandiño foron as seleccionadas.
Canda a estas, outras 19 obras poderán verse na exposición itinerante que repasa as propostas do certame.