O Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense recoñece a Andrea Dávila

A artista recibirá 3.000 euros en recoñecemento á súa obra Sitting piece for 2

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Sitting piece for 2. Fonte: Deputación de Ourense.

Sitting piece for 2. Fonte: Deputación de Ourense.

O xurado da XVI edición do Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense seleccionou a escultura Sitting piece for 2 da boirense Andrea Dávila como vencedora do certame. A artista impúxose con este traballo entre os máis de quiñentos traballos que se presentaron ao premio e recibirá 3.000 euros en metálico. O segundo premio, dotado con 2.000 euros, foi o vigués Alberto Ardid de Cabo pola obra Nova riqueza, mentres que o terceiro galardón, de mil euros, recaeu na ourensá Mar Ramón Soriano pola peza en cerámica titulada Desnudo, espacio de juego.

O xurado estivo integrado por Santiago Olmo, director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC); Juan Carlos Román, artista e profesor na Facultade de Belas Artes de Pontevedra; Ángel Cerviño, creador e comisario de exposicións; Eva Torres, directora do Museo Municipal de Ourense; e Rosendo Cid, creador e comisario de exposicións. Como secretario exerceu o director do Centro Cultural Marcos Valcárcel, Francisco González. Os premios entregaranse o vindeiro mes de xaneiro no acto inaugural da exposición que amosará os traballos seleccionados polo xurado.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito