A artista arousá Ruth Vidal Suárez resultou ganadora da XVII edición do certame de artes plásticas da Deputación de Ourense para novos creadores coa súa obra "Lugar de lugares", un traballo con espazos tridimensionais no que reflexiona sobre a paisaxe, tanto natural como artificial. Ruth Vidal, que recibirá un premio de 5.000 euros, impúxose nunha edición á que se presentaron 276 obras procedentes de 12 paÃses distintos. Este certame internacional dirixido a artistas de menos de 35 anos acadou a presentación de traballos procedentes de Arxentina, Cuba, China, Colombia, Chipre, Francia, Italia, Kazajstan ou Suiza, entre outros, ademais de gran parte da xeografÃa española.
O segundo premio do certame, dotado con 3.000 euros, foi para o madrileño Jorge Fernández Valdés, pola súa obra "Ensamble pictórico 8 sobre prisma de mármol negro", que combina pintura e escultura; mentres que o terceiro premio, con 2.000 euros de dotación recaeu na artista de Bueu Nerea Cordeiro Cerviño, pola peza "Ciudades Telaraña", un traballo onde combina o debuxo coa instalación adaptada ao espazo expositivo. Verónica Vicente co vÃdeo "(Des) Vestirse" e Andrés Rivas RodÃs coa pintura "El discurso del rostro" resultaron galardoados con dous accésits dotados con 1.000 euros cada un deles. Ademais dos premiados, o xurado fixo una selección dun total de trinta obras entre as 276 presentadas para conformar a exposición, que xa acolle o Centro Cultural Marcos Valcárcel. O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, asistiu á entrega de premios e inauguración da exposición cos mellores traballos da presente edición do certame, destacando a gran calidade dos mesmos e o alto nivel dos participantes.