O XIV Premio Jesús Núñez de Arte Gráfica da Deputación da Coruña irá para o outro lado do mundo, concretamente para o artista tailandés Terrawoot Com-on. O xurado escolleu a súa obra Happy wedding day in heaven entre as 155 presentadas a esta nova edición do certame de alcance internacional. O xurado, reunido na sede da Fundación CIEC en Betanzos, valorou na escolla da obra o "poder da súa imaxe, inquedante e moderna, retratando un mundo que nos traslada a outras realidades vencellando tradición e modernidade mediante unha lectura melancólica e irónica. Todo iso levado ao papel cunha salientábel destreza técnica e un exquisito manexo da cor, cheo de matices". A obra de Terrawoot Com-on impúxose nesta edición do certame nas 155 presentadas, procedentes de 28 paÃses. O gañador recibirá un premio de 6.500,00 € ademais de converterse en protagonista dunha exposición na Fundación CIEC.
Ademais do premio, o xurado concedeu dous accésits ao madrileño Óscar Valero Sáez pola súa obra Partitura para ser lida cos ollos pechados e á artista australiano-española Judith MartÃnez Estrada pola obra The weight of light TV. Estes serán premiados cunha bolsa de matrÃcula dun módulo do Master de Obra gráfica impartido tamén na CIEC en Betanzos. Fixo tamén mencións de honra á canaria Saskia RodrÃguez Araña pola súa obra Liponimia e ao tamén tailandés Watanai Magate por Butterfly effect nº 1. O xurado estivo composto por especialistas en arte como Rosario Sarmiento, Mercedes Rozas, MarÃa Meijide, Iñaki MartÃnez Antelo e Pedro Galilea, co deputado de Cultura, Xurxo Couto como presidente e a xefa de servizo de Cultura, Mercedes Fernández-Albalat como secretaria.