A Deputación da Coruña deu a coñecer onte o fallo da 13 edición do Premio Jesús Núñez de Arte Gráfica. O xurado que se reuniu onte na sede da Fundación CIEC de Betanzos seleccionou como vencedor do galardón o traballo do artista polaco Wieslaw Haladaj entre as 138 propostas chegadas de vinte e un paÃses para participar desta edición. O traballo gañador, conta, segundo destaca o fallo, cun "alto nivel técnico e unha minuciosa elaboración coa que o autor conseguiu crear unha obra que a través do trazo amalgama imaxes nas que se descubre un mundo de rostros e miradas conmovedor". Segundo este comité, o traballo gañador amosa "un bosque de trazos nos que se adiviñan as imaxes humanas nunha creación que sobrepasa a mera peripecia técnica e incorpora outra máis contemporánea, un compromiso estraño coa figuración".
Haladaj recibirá un premio en metálico de 6.500 euros, mentre os accésits foron para Rubén Morales Laka coa súa obra, Forma e vacÃo, e para a autora iraniana Mehdi Darvichi cunha obra sen tÃtulo. Houto tamén mencións de honra para Anna Trokanowska por Kandomización-Eschemi-03, para Marcil Bialas coa obra Empty egg II e mais para a madrileña Lola Fernández Corral coa obra AporÃa gráfica III.
O xurado estivo composto por, Alberto González Alegre, a artista Carmen Isasi MartÃnez, Roberto Sáenz de Gorbea, Pedro González Galilea e a gañadora da anterior edición do premio, a artista Federica Bau. A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti SanmartÃn actuou como presidenta do xurado e a xefa do Servizo de Cultura, Mercedes Fernández-Albalat como secretaria.