Regina Giménez faise co XX Premio Jesús Núñez de arte gráfica

O certame da Deputación da Coruña conta cunha dotación de 6.500 euros en metálico

A artista barcelonesa Regina Giménez impúxose no XX Premio Internacional Jesús Núñez de arte gráfica que convoca a Deputación da Coruña. A autora recibirá os 6.500 euros do galardón polo seu traballo Pensar un paisaje, unha obra que, segundo recolle o fallo, "destaca pola súa frescura no uso da cor, combinando formas ludicamente sinxelas, pero de alta complexidade conceptual e simbólica".

Un total de 206 obras se presentaron ao certame, no que se outorgaron tamén accésits a Lapidarum III de Pawel Delekta e Stripsafter Richter. r XVIII de Tomás Pariente. Os dous autores recibirán cadansúa bolsa de formación no Máster de Obra Gráfica impartido pola Fundación Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos.

José Andrés Santiago Iglesias, José María Luna Aguilar, João Rosa Guerra Prates, Antonia Fraga Lombardero e María Rosario Sarmiento Escalona fixeron parte do xurado, que tivo como secretaria a Manuela Lorenzo Rodríguez, xefa a sección de Educación e Cultura da Deputación e, sen voz nin voto, Pedro González Galilea, director da Fundación e comisario do certame; María Sánchez Pena, administrativa da Fundación, e Marcos Sánchez, da empresa A Forxa Producións, coordinadora dos premios e certames convocados.