A obra 10 grados valeulle ao artista vasco Juan Escudero facese co XVIII Premio Internacional Jesús Núñez de arte gráfica. O xurado do certame que convoca a Deputación da Coruña acordou outorgarlle ademais dous accésit a Mateus Patryck de Oliveira, por Painbody I e a Maite Pinto, por Vero Over.
O primeiro premio conta cunha dotación de 6.500 euros en metálico e unha exposición no Centro Internacional da Estampa Contemporánea (CIEC), situado en Betanzos. Os accésit, pola súa banda, implican unha bolsa de formación neste mesmo centro.
Segundo apunta o fallo do xurado, a obra gañadora destaca "pola destreza técnica e cromática adaptada a unha sensibilidade extrema, denotando un traballo minucioso, suxestiva e moi persoal". Pola súa banda, o propio Escudero salienta que se trata dunha serie inspirada "nas ondas do mar, expresadas en frecuencias e vibracións. A base do traballo non é representar algo, senón activar un proceso de crecemento e construción natural e asà prodúcense formas recoñecibles".
O xurado estivo composto por Myriam Gelasaga -gañadora da anterior edición-, Susana González MartÃnez, Antonia Fraga Lombardero, Brita Prinz e Eva Vila Pou e presidido pola responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Natividad de Jesús González, coa xefa de Sección de Acción Cultural, Manuela Muñiz Souto, como secretaria. En total presentáronse ao certame 114 propostas.
O fallo do galardón prodúcese apenas vinte dÃas despois do falecemento do propio Núñez, promotor incansable da arte do gravado no noso paÃs e fundador do CIEC.