José Andrés Santiago gaña o XIX Premio Jesús Núñez de arte gráfica

O artista compostelán recibirá os 6.500 euros do galardón que convoca a Deputación da Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A la deriva II. Fonte: Deputación da Coruña

A la deriva II. Fonte: Deputación da Coruña

A serigrafía A la deriva II valeulle ao compostelán José Andrés Santiago facerse co XIX Premio Internacional Jesús Núñez de arte gráfica. O galardón que convoca o departamento de Cultura da Deputación da Coruña ten unha dotación de 6.500 euros en metálico e inclúe unha exposición que se desenvolverá na Fundación CIEC de Betanzos.

O fallo do xurado destaca do traballo gañador "a parte conceptual e complexa, combinada coa sutileza da imaxe e da cor, ao mesmo tempo que o autor aporta tridimensionalidade e mobilidade á peza, sen esquecer a poética e a perfecta execución".

Canda ao primeiro premio, o xurado concedeu un accésit a Nómadas en el país de las tentaciones, do andaluz Manuel Moreno Morales, e outro a S/T (at lunchtime), da catalá Claudia Regueiro Puigdevall. Cada un deles recibirá unha bolsa de matrícula nun módulo do Máster de Obra Gráfica impartido pola Fundación CIEC.

A deputada de Cultura, Natividade González, presidiu o xurado do que fixeron parte Nuria Blanco, María Rosario Sarmiento, Juan Carlos Escudero, Francisco Aguilar e Susana Murias. Como secretaria actuou Manuela Muñiz, xefa do Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes da Deputación.

Que che parece esta nova?
95 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña, Fundación CIEC, Betanzos, Nuria Blanco...