Ana Soler faise co premio Jesús Núñez de gravado cunha obra dixital

O premio está dotado con 6.500 euros máis unha exposición

23/9/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Planetas illados é o título da obra coa que a artista residente en Cambados, Ana Soler (Sevilla, 1972), acaba de gañar a 5º edición do Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez. Dotado con 6.500 euros, a artista terá a oportunidade de realizar unha exposición no Centro de Estampa de Betanzos. A este certame, convocado pola Deputación da Coruña, concorreron este ano 168 artistas de 21 países diferentes. Cunha escolma das obras presentadas, a Deputación realizará unha exposición (co seu correspondente catálogo) que percorrerá dez concellos da provincia coruñesa.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña, Cambados, Betanzos, Sevilla