A obra que levou o primeiro premio, Planetas aislados 0.0 de Ana Soler serve de presentación ao catálago do V Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez. A Deputación da Coruña acaba de publicar no seu web esta obra, que recolle as obras gañadoras e mais os accésits da última edición do certame, convocada en 2010. Canda ao traballo da gañadora, pódense ver obras de Julio Almas, Rafael Angulo, Hugo Besard ou Graciela Buratti entre outros premiados.