Eva Martínez faise co premio Xesús Núñez de Gravado

A obra Invisible Darkness foi seleccionada entre 219

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A Deputación da Coruña deu a coñecer onte o resultado do III Premio de Gravado Xesús Núñez. A madrileña Eva Santín, de 24 anos, levou o primeiro premio de 6.500 euros coa obra Invisible Darkness, que foi seleccionada entre as 219 de todo o mundo que concorreron á convocatoria. O xurado tamén concedeu dous accésits a Alicia Diani e a César Laveda. A obra gañadora poderá verse nunha exposición e nun catálogo que se poderá ver en once concellos da provincia da Coruña. Canda ás obras premiadas, na mostra incluiranse outros 27 gravados que participaron no certame, entre eles os dos galegos Cristina Brea, Alberto Fojo, Anne Heyvaert e Xosé Poldras.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña

Claves