A compostelá María Meijide gaña o Premio Jesús Núñez de arte gráfica

Á convocatoria concorreron 135 obras procedentes dun total de 23 países

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
María Meijide

María Meijide

A artista compostelá María Meijide coa súa obra “Drama en el polígono” é a gañadora do XVI Premio Internacional de arte gráfica convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña, premio polo que a artista gañadora recibirá un total de 6.500 euros. A obra de María Meijide, elaborada con técnica mixta (litografía sobre aluminio + chine collé) foi escollida polo xurado entre as 135 obras presentadas que procedían de 23 países distintos e o xurado salientou no seu ditame “o tratamento do debuxo, a textura da imaxe e a utilización de técnicas tradicionais como a litografía para facer un debuxo lúdico e menos clásico”, na relación de méritos da obra o xurado argumenta que “utiliza a estética do comic actualizada, á que achega elementos propios da litografía”. O xurado decidiu conceder tamén dous accésits a Juan Escudero García, pola súa obra “3 grados” e a Julia Marco, por "Places: One", que se beneficiarán dunha Bolsa de Formación nun Curso do Máster sobre obra gráfica que organiza a Fundación CIEC.

Que che parece esta nova?
107 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Debuxo, Deputación da Coruña, Fundación CIEC, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)