O mexicano José AdaÃr GarcÃa Sánchez coa súa obra 19.040671,98.198711 é o gañador do XV Premio Internacional "Jesús Núñez" de arte gráfica convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña. Un xurado composto por especialistas de arte como Doroteo Arnáiz, David Barro, Silvia GarcÃa, Pedro Galilea e Ana Seoane e presidido polo responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, coa xefa de Servizo de Acción Cultural, Mercedes Fernández-Albalat Ruiz como secretaria escolleu a obra do mexicano José AdaÃr GarcÃa entre as oitenta obras presentadas que procedÃan de quince paÃses distintos. A obra de AdaÃr GarcÃa Sánchez, elaborada coa técnica de augaforte foi escollida polo xurado pola "súa capacidade para a creación de micro narrativas gráficas, traballando con documentos onde a memoria e a lembranza relaciónanse a través de linguaxes plásticas nunha sorte de arquivo visual". Na súa acta o xurado sinala sobre esta obra ademais que "cun uso dun proceso de impresión tradicional, como a augaforte, o gravado convértese nunha extensión dos procesos de arquivo e a imaxe resólvese nun xeito de palimpsesto visual que inclúe desde comprobantes diarios, fotografÃas de arquivo, ou a dixitalización de mapas, documentos e fotografÃas antigas para a posterior manipulación da imaxe nun mapa gráfico de excelentes calidades pictóricas". O artista recibirá un premio en metálico de 6.500 euros. O xurado decidiu conceder tamén dous accésits a Maja Dokudowicz, pola súa obra Infinite Fragments (VIII) e a Jesús Mateos Brea, por Geochelone radiata, que se beneficiarán dunha Bolsa de Formación nun Curso do Máster sobre obra gráfica que organiza a Fundación CIEC.