A mostra do certame bienal de pintura nova Cromática, organizada pola Fundación Cum Laude en Ourense xa pode visitarse tanto no formato físico, nas salas do centro Cultural Ángel Valente, como no seu formato virtual, o cal ademais permite facer unha votación do público. Este ano a bienal celebra a súa oitava edición e pode verse ata o 14 de setembro. O certame acolle artistas de entre 18 e 35 anos, en convocatoria internacional, amosando nesta ocasión obgras galegas, nacionais e chegadas de outros países como Francia, Alemaña, Italia ou China. O obxectivo desta iniciativa é dar unha oportunidade de exposición a artistas emerxentes para amosar os seus traballos máis representativos. A través da visita virtual poden verse cada unha doas obras con información da súa autoría e pode levarse a cabo o proceso de votación para o Premio do Público do certame. A bienal concede ata tres recoñecementos de obra: 'Recoñecemento do Xurado', dotado cun premio en metálico por valor de 1000 euros; "Premio Jaime Mateo Fernández" accésit dotado con 200 euros e o 'Recoñecemento popular' á obra máis votada polo público, dotado cun premio en metálico por valor de 400 euros. Todos daránse a coñecer a partires do 14 de setembro.