A Bienal de Pintura do Eixo Atlántico permite a visita virtual

Tamén está dispoñible na rede o catálogo desta exposición

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
A Bienal de Pintura do Eixo Atlántico permite a visita virtual

Un web que permite percorrer en tres dimensións a exposición das obras seleccionadas para a XIV Bienal de Pintura do Eixo Atlántico. Esta é a proposta que presentou a organización desta iniciativa que cada dous anos selecciona os mellores traballos artísticos de Galicia e do Norte de Portugal. O proxecto recolle cumprida información sobre os 25 cadros que conforman esta mostra, a incluír redes sociais e espazos web dos e das artistas que participan da iniciativa.

As selección, realizada entre 104 obras que se presentaron a concurso, realizárona Helena Mendes Pereira, Sara Pérez Bello, João Ribeiro da Silva, Patrícia Oliveira e Tito Senna, gañador da XIII Bienal.

A exposición, que se pode ver de xeito presencial no Vello Cárcere Lugo ata o 30 de decembro, continuará despois a súa itinerancia por, Braga, Bragança, Maia, Felgueiras, Vila Real, Vila Nova de Gaia e Barcelos. No noso país poderá verse o vindeiro mes de maio en Ribeira e en outubro en Monforte de Lemos. O Eixo Atlántico ten tamén dispoñible na rede o catálogo da mostra.

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Eixo Atlántico, Atlántico, Norte de Portugal, Braga...