S/T. AcrÃlico sobre madeira tallada. Olmo Blanco. 1982
Unha pintura en acrÃlico sobre madeira tallada valeulle ao pintor boirense Olmo Blanco facerse cos 3.000 euros do primeiro premio da XI Bienal de Pintura do Eixo Atlántico. O evento, que se inauguraba o pasado 30 de outubro en Viana do Castelo, reúne 29 traballos de creadores galegos e do norte de Portugal. Canda a Blanco, foron tamén galardoados Rui Sousa na categorÃa de "mellor obra de autor portugués", mentres Raquel Martinez Ortiz levou o galardón á mellor artista galega, dotado con 1.500 euros. Logo da súa estanza en Viana, prevista ata a fin de novembro, a mostra percorrerá diferentes concellos galegos e portugueses antes do seu punto final en abril de 2017.