Obras de 50 creadores poderán verse a partir de mañá no Museo de Arte Contemporánea da Coruña (MAC) no marco da 14 Mostra de Arte Gas Natural Fenosa. O xurado, composto por Almudena Fernández Fariña, Óscar Alonso Molina e VÃctor del RÃo GarcÃa realizaron a selección da nova xeria desta exposición bienal entre as 639 obras que se presentaron. Ademais, outorgaron os premios deste ano. Segundo explica a organización, "as conmovedoras historias" da obra de Núria Güell valéronlle o primeiro posto, dotado con 15.000 euros, mentres "a reconstrucción de arquitecturas inexistentes" de Emilio Pemjean obtivo os 10.000 euros do segundo galardón e Fernando Renes levaba os 7.000 do terceiro premio coa súa "a estética de rúa aparentemente descoidada". Teo Soriano, pola súa banda, foi escolleito polo xurado para o premio Julián Trincado, que recoñece o mellor autor galego da mostra con 6.500 euros e que apoia o Concello da Coruña.
Dos 50 artistas seleccionados para esta edición, 17 son galegos ou residentes no noso paÃs. Entre os nomes que achegan obra a este evento están Amaya González Reyes, Ana Riaño, Ana Soler, Antón Cabaleiro, Carlos Irijalba, Carlos Maciá, Christian GarcÃa Bello, Damián Ucieda Cortés, Enrique Lista, Iago Eireos, Ignacio GarcÃa Sánchez, Jesús Madriñán, Jorge Barbi, Manuel Diego Sánchez, Manuel EirÃs, Marcos Covelo, MarÃa León, Núria Torres, Rosendo Cid Menor, Tamara Feijoo ou Vanessa Gallardo. A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro 4 de decembro.