Lois Patiño faise co premio da Mostra Gas Natural-Fenosa

A 13 xeira da exposición poderá verse ata outubro no MAC da Coruña

29/7/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

Montaña en sombra un vídeo de catorce minutos é o traballo co que Lois Patiño obtiña onte o premio da 13ª Mostra Internacional Gas Natural Fenosa, dotado con 15.000 euros. Canda a el, foron galardoados Iñaki Gracenea por Cahiers des fleurs-jax e José Ramón Ais pola composición Parque Natural 2. En paralelo, o Concello da Coruña seleccionou para o premio Julián Trincado ao mellor autor galego a Álvaro Negro, que recibirá 6.750 euros por Estela II.

A coincidir con este fallo, o Museo de Arte Contemporánea da Coruña abría as portas da nova xeira da mostra, na que se poden ver ata o vindeiro mes de outubro 50 traballos dos 602 que participaron este ano na convocatoria. A coincidir cos 25 anos da mostra, a organización enregará tamén un galardón ao mellor artista galego en activo.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lois Patiño, Fenosa, Álvaro Negro, Concello da Coruña

Claves