O Festival de Oberhausen premia “Montaña en sombra” de Lois Patiño

O premio está dotado con 5.000 euros

8/5/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Fotograma de "Montaña en sombra"

“Premiamos un film cuxa narrativa que se desenvolve exclusivamente desde o poder das imaxes, revelando unha montaña profundamente cicatrizada polo ser humano. Cun traballo de cámara excepcional no borde de negro ebranco para expor o contrate da poderosa natureza e as actividades humanas, representada nun lucido ballet representado a modo de ballet.”. Deste xeito cualificou o xurado do Festival Internacional de Oberhousen o traballo “Montaña en sombra” de Lois Patiño ao que lle concedeu o premio do certame dotado con 5.000 euros. O de Oberhausen é un dos festivais de curtametraxes máis prestixioso do momento polo que teñen presentado os seus traballos cineastas como Martin Scorsese, Jean-Pierre Jeunet, François Ozon, George Lucas, Romas Polanski, Alexander Kluge ou Werner Herzog.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lois Patiño, Narrativa, Natureza

Claves

Protagonistas
Conceptos