O filme de Lois Patiño Montaña en sombra foi seleccionado no Festival de Oberhausen

Piedade de Otto Roca veráse en Uruguay no marco do 31 Festival Internacional de Cine

20/3/2013 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
3 lecturas | Compartido 0 veces
Montaña en sombra de Lois Patiño acaba de ser seleccionada na sección oficial do Festival de curtametraxes de Oberhausen (Alemaña) que terá lugar entre o 2 e o 7 de maio. Cada edición deste certame, que ten validez para os Óscar, configúrase arredor dun tema que conforma o groso da programación. Nesta ocasión o tema é “o cinema despois de Internet”, que fai referencia aos movimentos de imaxes, a como recollen a nosa reposta emocional desas imaxes e permanece nos planos comparada coa experiencia da vida real. A de Patiño non é a única cinta española seleccionada para o certame, xa que Isabel Herguera presenta a súa “Baixo a almofada” na sección internacional dedicada aos nenos e á xuventude.
Nos vindeiros días, outra producion galega Piedade de Otto Roca estará presente noutro foro destacado. É o no marco do 31º Festival Internacional de Cine de Uruguay que se celebra na cinemateca dese país (entre o 23 de marzo e o 3 de abril).
Para saber máis
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas
Lugares