Seis traballos compoñen a sección Cinema Galego do Play Doc

Alén das proxeccións haberá un debate moderado por Manolo González

1/3/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O bo momento que vive o cinema de autor e independiente en Galicia terá o seu réflexo nesta edición do Play Doc. No marco da sección Cinema Galego, proxectaranse seis títulos que chegan despois dun longo percorrido en festivais, mostras e con algún título debaixo do brazo. Eses traballos son Fóra, de Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas; Imaxes segredas de Diana Toucedo; A fenda de Marcos Nine; Montaña en Sombra de Lois Patiño; N-VI de Pela del Álamo e Piedade de Otto Roca. Ademais, para completar esa revisión do contexto actual da creación de non ficción, o historiador de cinema Manolo González moderará un debate aberto ao público no que participarán os directores dos filmes galegos seleccionados, críticos e programadores.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Manolo González, Diana Toucedo, Marcos Nine...